A borrasca Ingrid provoca grandes acumulacións de neve

A borrasca Ingrid deixa un manto de neve inusual en Quiroga. Foto RTMQ

A borrasca Ingrid deixou nas últimas horas un episodio de neve pouco habitual en Quiroga, cunha acumulación que alcanzou cotas moi baixas e cubriu o centro urbano, un fenómeno sumamente inusual . As primeiras nevaradas intensas producíranse o xoves pola tarde nas zonas máis altas, pero ao final da xornada a cota descendeu con rapidez e a neve estendeuse por boa parte do territorio.
Este venres 30 de xaneiro o municipio amenceu cunha estampa plenamente invernal, sen incidencias destacadas. Os servizos de Emerxencias traballaron desde onte para retirar acumulacións e garantir accesos seguros, tarefas que continúan hoxe nos núcleos máis afectados, como a Seara, Vilarbacú, o Mazo, Pacios da Serra, Leixazós e a montaña do Lor.
A AEMET mantén a alerta amarela e prevé que a cota, situada nos 600 metros pola mañá, vaia subindo ao longo do día. O Concello recomenda limitar desprazamentos e seguir “as indicacións dos servizos de emerxencia”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

María José Gómez refrenda o compromiso coa calidade na produción de aceite

Seguinte Nova

O Camiño de Inverno conmemorou en FITUR o seu 10º aniversario como roteiro xacobeo

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss