
A compañía Mieles Anta, con sede no Concello de Bóveda, foi distinguida con tres galardóns na competición Quality do Paris IHA, un certame internacional que recoñece a excelencia dos produtos apícolas. Desde a empresa destacan que o premio “pon en valor a calidade, a orixe e o traballo artesanal que hai detrás de cada unha das nosas meles”. Engaden que esta distinción reforza o seu modelo baseado no respecto ás abellas, ao entorno e ao produto mesmo. “Este logro non é só noso, é de todas as persoas que confían en Mieles Anta e creen, coma nós, que a excelencia comeza na orixe”, subliñan.•



