A Pobra de Brollón prepara os concursos de Entroido previstos para febreiro

O Entroido da Pobra de Brollón volve a convocar os concursos habituais da festividade. As citas principais serán o VIII Concurso de Compadres e Comadres, previsto para os xoves 5 e 12 de febreiro, e o Concurso de Disfraces, que terá lugar o sábado 14. As inscricións para ambos eventos deberán formalizarse na Biblioteca Municipal ou por teléfono dentro do horario establecido, con datas límite que varían segundo a modalidade.
No certame de Compadres e Comadres, o Concello mantén as categorías individuais —divididas en menores e maiores de 18 anos— e a modalidade colectiva, aberta a comercios, asociacións e outros grupos. Os premios oscilarán entre os 20 e os 100 euros, segundo a categoría. As figuras individuais que participen na queima organizada deberán concentrarse diante da Casa Consistorial ás 18.30 horas, mentres que quen non acuda a ese acto terá que enviar unha fotografía acreditativa para que o xurado poida avaliar a proposta. No caso dos colectivos, as creacións colocaranse nos espazos escollidos desde primeira hora da mañá. O xurado visitará as figuras ata as 15.00 horas e valorará aspectos como a orixinalidade, a temática ou a elaboración. A entrega de premios realizarase o 14 de febreiro ao remate do desfile.
Pola súa banda, o Concurso de Disfraces reunirá participantes no cruce da Estrada de Saa ás 16.40 horas do día 14. O desfile iniciará ás 17.00 horas e percorrerá varias rúas antes de concluír na área recreativa de Samugueiros. Os premios variarán en función da procedencia e da categoría, con contías que chegan aos 175 euros para carrozas locais. As carrozas non premiadas recibirán un accésit de 40 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Camiño de Inverno conmemorou en FITUR o seu 10º aniversario como roteiro xacobeo

Seguinte Nova

Relánzase a creación dunha comunidade enerxética

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss