Castro Caldelas acolleu unha xornada sobre talento feminino e emprendemento no medio rural

O encontro reuniu a case medio cento de persoas e puxo en común experiencias de emprendemento, liderado e creación de redes na Ribeira Sacra. Foto GPRSN.

Castro Caldelas acolleu unha Xornada de Talento Feminino no Rural, iniciativa impulsada pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e pola Asociación de Empresarias de Galicia que reuniu a preto de medio cento de persoas vencelladas ao emprego, ao emprendemento, ao asociacionismo, ao sector primario, aos servizos e ás administracións públicas. O encontro contou coa participación de seis mulleres con traxectorias profesionais diversas, unidas pola súa relación co rural, xa fose pola súa orixe, pola actividade económica que desenvolven ou polo seu proxecto de vida. Ao longo da mañá compartiron experiencias ligadas á creación e consolidación de empresas en ámbitos como a produción agroalimentaria, a gandería, a industria, a atención social, o turismo rural ou a consultoría, amosando distintos modelos de liderado feminino desde contornas non urbanas.
Abordáronse as principais dificultades ás que se enfrontan as mulleres cando deciden emprender no rural, como a falta de confianza inicial, a escaseza de apoios, a burocracia administrativa ou a complexidade para conciliar a vida laboral e persoal. Tamén se puxo o foco na necesidade de que as administracións locais escoiten con maior atención as propostas innovadoras que xorden desde o territorio.
Un dos aspectos máis destacados foi a importancia de crear espazos propios de encontro e diálogo, orientados a establecer redes de colaboración e apoio entre mulleres, co obxectivo de reforzar o seu papel no tecido socioeconómico rural. Neste senso, subliñouse que a presenza crecente de mulleres en postos de responsabilidade institucional e empresarial contribúe a xerar referentes e a avanzar cara a unha maior igualdade.
A xornada abriu coa benvida da alcaldesa de Castro Caldelas e contou coa participación de representantes das entidades organizadoras, que manifestaron a súa intención de dar continuidade a este tipo de iniciativas para seguir tecendo alianzas e promovendo o talento feminino na Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medra a actividade urbanística en Monforte

Seguinte Nova

Nova derrota do Ucoga CB Chantada

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss