Comercios de Monforte, Chantada e Quiroga reciben máis de 155.000 euros para mellorar a súa competitividade

(Foto GPXG)

Un total de dezaoito comercios das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga recibiron ao longo de 2025 axudas por importe de 155.600 euros para mellorar a súa competitividade. Os apoios permitiron financiar actuacións vinculadas á dixitalización, á innovación comercial e á sustentabilidade ambiental en negocios locais da Zona Sur da provincia de Lugo. En Monforte concentrouse o maior número de beneficiarios, cun total de trece establecementos que accederon a estas achegas. Entre eles figuran negocios dos sectores da moda e da alimentación, que desenvolveron proxectos de modernización dos seus servizos e mellora das instalacións. Ademais, concedéronse dúas axudas a comercios de Quiroga e unha en Chantada, Carballedo e O Saviñao, respectivamente.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou algúns dos establecementos beneficiarios coincidindo coa apertura dunha nova convocatoria de axudas, dotada con preto de 4 millóns de euros. O programa estrutúrase en tres liñas compatibles, orientadas á innovación e dixitalización, á mellora dos espazos comerciais e á redución do impacto ambiental mediante o uso de embalaxes sostibles.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova edición do programa Tradigalu

Seguinte Nova

Entrevista a Lucía Pérez

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss