O Camiño de Inverno conmemorou en FITUR o seu 10º aniversario como roteiro xacobeo

(Foto RTMQ)

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, da que forma parte Quiroga, aproveitou a feira FITUR para celebrar o décimo aniversario da oficialización deste itinerario xacobeo e difundir un novo vídeo corporativo. A presentación tivo lugar na caseta da Xunta, no pavillón 9 de IFEMA, onde se expuxeron as prioridades para os próximos anos, centradas na mellora dos servizos ao peregrino, na dixitalización e na creación de novas alianzas co sector privado. O obxectivo é fortalecer a identidade dun roteiro singular e avanzar na súa promoción profesional. No acto participou o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro, xunto a representantes autonómicos e provinciais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A borrasca Ingrid provoca grandes acumulacións de neve

Seguinte Nova

A Pobra de Brollón prepara os concursos de Entroido previstos para febreiro

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss