O Club Neka de Monforte, campión absoluto galego de Técnica e Freestyle

Foto NEKA.

O Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela acolleu este sábado a entrega de medallas do Campionato Galego de Técnica e Freestyle de Taekwondo, no que o Club Neka de Monforte se proclamou campión absoluto por terceiro ano consecutivo.
O evento reuniu arredor de 200 deportistas procedentes de toda Galicia, de idades comprendidas entre os 12 anos e as categorías sénior, e permite aos gañadores acceder á Selección Galega e participar en competicións nacionais, como o Campionato de España en Sevilla e o Mundial en Corea. O Concello colaborou coa cesión do pavillón, transporte de tapices e entrega dos trofeos, unha axuda que o director deportivo do Neka, José María Vega, cualificou de fundamental para o bo desenvolvemento do campionato.
O Club Neka presentou 16 taekwondistas: entre cadetes, júnior e sénior, tanto en categoría masculina como feminina, acadando un total de 15 medallas. Entre os recoñecementos individuais, Laura Álvarez foi nomeada Mellor Deportista feminina, e Álex Camba recibiu o galardón en masculino. No apartado de medallas de ouro, destacaron Álex Camba e Laura Álvarez en individuais; en parellas, Álvarez con Dani Areán e Alicia Castro co seu compañeiro de Sada, Hugo Arnoso; e nos tríos, Álex Camba, Carlos Rey e Marco García, Lucía Roca co Tao de Vigo e Alan Bustamante cos compañeiros de Sada. As medallas de prata recaeiron en Alicia Castro en individual e Inés Casal en trío, mentres que os bronces incluíron a Marco García, Daniel Areán, Arón González, Lucía Roca, Inés Casal e Rosa Olmo en tríos.
O evento contou coa presenza do alcalde, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, así como por representantes da Federación Galega de Taekwondo e do ximnasio Neka.
O alcalde destacou o esforzo e a dedicación dos deportistas monfortinos e felicitou ao Neka por manter a súa posición como referente do taekwondo galego, subliñando que o éxito deste club reflicte “o talento, a constancia e o compromiso cos valores deportivos na cidade”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pinguela estréase na Primeira Federación de Fútbol

Seguinte Nova

O pleno de Monforte aproba o salario de José Tomé nun ambiente de forte crispación política

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss