
O colectivo Pacto Frente Eólicos denunciou que a veciñanza de O Saviñao non recibiu información municipal sobre o proxecto eólico Ferrodeo, actualmente en exposición pública tras a súa publicación no DOG o 9 de xaneiro. A iniciativa, promovida por Ferrodeo Eólica, S.L.U., inclúe a solicitude de autorización administrativa e a avaliación ambiental. A entidade afirma que “a cidadanía foi informada exclusivamente a través do boletín oficial” e pide ao Concello comunicar con claridade os proxectos que afectan ao territorio.•



