A Ribeira Sacra ultima os derradeiros detalles na recta final da súa candidatura a Patrimonio Mundial

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, informou aos alcaldes dos municipios de Chantada e Carballeda de Avia sobre las últimas xestións realizadas ante a Unesco, na recta final do proceso de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Foto GPXG.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse cos alcaldes de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e de Carballeda de Avia, Julio Manuel Yebra‑Pimentel, para analizar o momento actual da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. O encontro produciuse a seis meses da avaliación definitiva, prevista para xullo en Corea do Sur, e permitiu revisar o traballo desenvolvido polos 26 municipios implicados.
Durante a reunión, o conselleiro trasladoulles aos rexedores o contido das conversas mantidas esta semana en París co subdirector de Cultura da Unesco, Ernesto Ottone, e co embaixador de España ante o organismo, Miquel Iceta. Segundo explicou, o obxectivo destes contactos foi “seguir perfilando e ultimando a estratexia para os vindeiros meses”, nun contexto no que percibiu “boas sensacións” arredor da proposta galega.
López Campos destacou que a candidatura pon o foco nunha paisaxe configurada polo uso da auga dun xeito singular, un valor que, segundo indicou, non está suficientemente representado na actual Lista de Patrimonio Mundial. Ademais, a xuntanza serviu para abordar a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural, un cambio que permitirá aos concellos axilizar trámites e reforzar a protección dos seus bens.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte presenta o anteproxecto para ampliar a rúa Chantada a catro carrís

Seguinte Nova

A Deputación activa as reservas para as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss