A XLIII Feira do Viño de Chantada abre a tempada de feiras da Ribeira Sacra

O artista chantadino Juan José Lomarti volveu a proxectar a súa perspectiva artística no cartel da nova edición. Foto GPCC.

A Feira do Viño de Chantada, terá lugar o 6 ao 8 de marzo, e abre un ano máis as Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra. O cartel que anuncia a XLIII edición, obra do artista local, Juan José Lomarti, deuse a coñecera á cidadanía. O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, apostou unha vez máis pola visión que Lomarti ofrece desta celebración, “os traballos de Lomarti reflexan a alegría desta festa e a importancia da cultura do viño para Chantada”, destaca o concelleiro de cultura, Manuel Diéguez. No cartel desta edición as persoas reúnense ao redor de cubas de viño, coversan, brindan e rin, cunha copa na man. O viño inúndao todo representando sempre coas cores, a súa esencia aromática. Como na proposta do ano pasado, Lomarti volve a enxalzar a figura humana, a celebración, o encontro entre persoas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello aproba os orzamentos municipais para o 2026

Seguinte Nova

Veciños de Pantón poderán usar o balneario con tarifas reducidas grazas a un novo acordo

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss