A Xunta abre novas axudas para mellorar o abastecemento e o saneamento privados

As comunidades de usuarios poderán recibir ata 15.000 euros por solicitude para mellorar instalacións de captación, potabilización e almacenamento de auga. Foto EV.

O Diario Oficial de Galicia recolle a posta en marcha dunha nova liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinada a mellorar instalacións de abastecemento e saneamento de titularidade privada ou comunitaria, cun orzamento total de 700.000 euros. As subvencións diríxense tanto a comunidades de usuarios como a particulares e pretenden contribuír á mellora da calidade da auga e á protección ambiental.

No caso das comunidades de usuarios de abastecemento de auga para consumo humano legalmente constituídas, as achegas permitirán actuar sobre captacións, sistemas de potabilización, depósitos de almacenamento e elementos de control e medición de caudais. Esta liña conta cunha dotación de 500.000 euros e poderá cubrir ata o 80 % do investimento realizado, cun límite máximo de 15.000 euros por solicitude, concedéndose as axudas por orde de entrada ata esgotar o crédito.
A segunda convocatoria está orientada a particulares propietarios de vivendas unifamiliares que precisen renovar instalacións de saneamento. Neste caso, o orzamento ascende a 200.000 euros e financiará actuacións de mellora en foxas sépticas que non acaden niveis mínimos de depuración, cun apoio que pode chegar ao 100 % do custo, ata un máximo de 4.000 euros por vivenda.
O prazo para presentar solicitudes abrirá o vindeiro 16 de febreiro e pechará o 16 de marzo. As comunidades deberán tramitar as peticións de forma electrónica, mentres que os particulares poderán optar tamén pola vía presencial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto de 25 millóns en axudas para impulsar o emprego e o talento novo en Galicia

Seguinte Nova

Entroido Sober 2026

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss