Ana Pontón visita unha explotación de vacún en Sarria

A líder do BNG critica os efectos de Altri e do acordo Mercosur e defende o apoio ás explotacións galegas

Ana Pontón, logo da visita á explotación gandeira, participou nun xantar coa militancia do BNG de Sarria, ante o próximo ciclo electoral. Foto GPBNG.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desprazouse á parroquia de Chorente para visitar unha explotación de vacún, nunha das 28.000 granxas que operan en Galicia. Durante a visita, destacou que estas explotacións son “clave para manter un rural vivo, crean riqueza, emprego e fixan poboación, contribuíndo á conservación do territorio e á prevención de incendios”. Pontón denunciou tamén os impactos negativos que proxectos coma a macrocelulosa Altri poden ter sobre o sector agrogandeiro e o emprego rural, cualificándoa como “un auténtico torpedo para as explotacións das comarcas afectadas”.
Pontón denunciou a opacidade do goberno de Rueda ao manter ocultos acordos co grupo industrial portugués, e sinalou que o BNG presentou un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para ter acceso á documentación. Ademais, alertou sobre os riscos do acordo UE-Mercosur, que sitúa aos produtores galegos nunha competencia desleal fronte a estándares ambientais e sanitarios menos estritos nos países do Mercosur.
No ámbito local, a líder nacionalista participou nun xantar coa militancia e cargos do BNG, entre eles o concelleiro e vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a concelleira Mónica López. Pontón destacou a importancia de manter e estender o modelo municipal de goberno do Bloque, centrado en servizos públicos de calidade, desenvolvemento rural e participación cidadá, e afirmou que a formación afronta o próximo ciclo electoral coa intención de reforzar a súa presenza en Sarria e na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Luar na Lubre: corenta anos de escenarios e unha xira americana para celebralo

Seguinte Nova

Sarria acolleu unha xornada do programa “A Administración Cerca de Ti” para veciñanza rural

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss