
A Casa da Cultura Olga Novo acolleu unha xuntanza da Rede Municipalista Solidaria coa participación do deputado de Recursos Sostibles Francisco Cajoto. No encontro revisouse o labor realizado no ano 2025 e avanzáronse as accións previstas para 2026, impulsadas polo Fondo Galego de Cooperación. As administracións locais destacaron a importancia do traballo en rede e das iniciativas en Cabo Verde, Mozambique e Guinea‑Bissau, así como das actividades de sensibilización previstas para o novo ano, que se manteñen na mesma línea do exercicio anterior.•



