O Concello de Quiroga demanda actuacións urxentes na N-120

O Concello pediu información detallada e unha intervención integral no tramo que atravesa o municipio. Foto RTMQ

O Concello de Quiroga acordou solicitar ao Ministerio de Transportes medidas inmediatas ante o estado da N‑120 ao seu paso por Quiroga. A entidade municipal enviará unha petición formal tanto ao Ministerio como á Subdelegación do Goberno para coñecer as actuacións previstas e o calendario de execución, ademais de reclamar que o tramo correspondente ao municipio se inclúa nun plan de mellora integral.
Segundo o executivo local, a vía presenta un deterioro notable, que supón un risco para veciñanza, transportistas e visitantes. A pesar dos traballos de mantemento realizados este ano, o Concello considera que resultaron insuficientes e que o estado da estrada empeorou.
O goberno municipal lembra a responsabilidade do Ministerio de garantir o seu correcto mantemento, e insiste na necesidade de intervencións urxentes que melloren a seguridade viaria e eviten danos nos vehículos, así como na importancia de coñecer as previsións reais de actuación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga reforza o servizo comarcal de emerxencias cun novo vehículo especializado

Seguinte Nova

Os Cantos de Taberna regresan a Quiroga pola súa IX edición

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss