O Oso, as Madamas e os Danzantes volverán tomar Salcedo no Entroido

(Foto MONTERO)

A parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón, celebrará do 14 ao 17 de febreiro o seu Entroido, unha das citas máis recoñecidas da comarca e que conta coa organización da Asociación Veciñal de Salcedo e coa colaboración da Xunta. O programa foi presentado na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado Javier Arias e representantes do colectivo organizador, encabezados por Lucas López.
O domingo terá lugar un dos momentos centrais da festa, co pregón previsto para as 17.00 horas a cargo do antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. Tras a súa intervención, sairán as Madamas e Danzantes, seguidas polos Disfraces de Campo, que cada ano atraen numeroso público pola súa singularidade.
A saída do Oso, o elemento máis emblemático deste Entroido, está programada para o luns ás 17.00 horas. A figura, acompañada polo seu séquito, percorrerá as rúas da parroquia nun dos rituais máis característicos da tradición local.
Ao longo dos catro días haberá tamén funcións de teatro e unha ampla oferta musical que animaran o espíritu festivo de Salcedo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Cantos de Taberna regresan a Quiroga pola súa IX edición

Seguinte Nova

Brollón acolle unha nova xuntanza da Rede Municipalista Solidaria

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss