O teatro convértese en ferramenta contra a violencia de xénero

(Foto GPCP)

O Concello de Pantón desenvolveu un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O 29 de xaneiro celebrouse un encontro das persoas interesadas en formar parte desta proposta que busca traballar a igualdade desde o teatro. Acordouse celebrar o obradoiro os primeiros e terceiros xoves de cada mes, en horario de 18:30h a 20:30h. A actividade desenvolverase en 10 sesións nas que as persoas participantes construirán unha peza curta de teatro sobre a violencia de xénero para rematar cun teatro foro, formato no que o público pode participar da obra introducindo cambios no guión.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un derrube por chuvias intensas en Pantón corta a LU-P-4103

Seguinte Nova

Sober mantén viva a tradición coa súa festa máis saborosa: o Baile da Cachucha

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss