
O Concello de Quiroga abriu o prazo para que os grupos interesados se inscriban na IX edición dos Cantos de Taberna, prevista para o sábado 7 de marzo. A participación é gratuíta e as anotacións poden realizarse na Casa da Cultura ata o 2 de marzo. A organización establece un mínimo de seis grupos e un máximo de doce, cada un con polo menos cinco integrantes. Cada formación recibirá 150 euros para consumir nos locais do percorrido, que pola súa banda deberán ofrecer tapas aos músicos. Antes do inicio, entregarase o itinerario ás agrupacións, que actuarán uns trinta minutos en cada establecemento. As actuacións comezarán ás 18.30 horas e pecharán a medianoite praza da rúa Lago.•



