Preto de 25 millóns en axudas para impulsar o emprego e o talento novo en Galicia

As convocatorias recollidas no DOGA combinan contratación indefinida e apoio á innovación

O Programa Investigo, con máis de 4,8 M€, apoia a contratación de menores de 30 anos nos ámbitos da investigación, da tecnoloxía e da innovación.Foto EV.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha nova liña de axudas que mobiliza arredor de 25 millóns de euros para impulsar a contratación de colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego e fomentar o talento investigador e tecnolóxico. A convocatoria inclúe tres programas diferenciados dirixidos a empresas, entidades e persoas empregadoras de toda a comunidade.
A principal partida corresponde a Galicia Suma Talento: Emprégate, dotado con 19,7 millóns de euros, que introduce cambios nas políticas activas de emprego e prioriza a contratación indefinida de persoas desempregadas procedentes de programas formativos e de inserción laboral. Entre as novidades figura o reforzo dos incentivos para mulleres con especiais dificultades, con achegas de ata 10.000 euros por contrato no caso de vítimas de violencia de xénero, trata ou mulleres con fillos menores de tres anos.
Este programa prevé facilitar arredor de 2.500 contratacións estables entre mozos e mozas, parados de longa duración, maiores de 52 anos, persoas con discapacidade, emigrantes retornados ou colectivos en risco de exclusión social. As solicitudes poderán presentarse entre o 17 de febreiro e o 30 de setembro.
Xunto a esta iniciativa, o DOG recolle unha nova edición do Programa Investigo, cun orzamento superior aos 4,8 millóns de euros para a contratación de menores de 30 anos en ámbitos vinculados á investigación, á tecnoloxía e á innovación. As contratacións serán indefinidas, a tempo completo e cun período máximo subvencionado dun ano.
A convocatoria complétase co apoio ás iniciativas empresariais de base tecnolóxica, cunha dotación de 500.000 euros para facilitar o inicio da actividade, a contratación de persoal cualificado e a consolidación destes proxectos no seu primeiro ano. Inclúe incentivos adicionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carnaval Mañente 2026

Seguinte Nova

A Xunta abre novas axudas para mellorar o abastecemento e o saneamento privados

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss