Quiroga reforza o servizo comarcal de emerxencias cun novo vehículo especializado

(Foto GPXG)

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na entrega de novos vehículos destinados a varios Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), nun acto no que estivo acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo. O equipamento entregado inclúe dúas bombas rurais pesadas para os GES con sede en Laza e Quiroga, así como dúas bombas urbanas lixeiras pensadas para os equipos da Guarda e do Grove. O conxunto supón un investimento próximo aos 700.000 euros, cofinanciado a través do programa Feder de Galicia.
Calvo explicou que estes vehículos incorporan sistemas avanzados de extinción, comunicacións integradas na rede corporativa de emerxencias e prestacións técnicas que permitirán mellorar a capacidade de resposta dos grupos. Segundo indicou, o obxectivo é reducir tempos de actuación e incrementar a seguridade tanto do persoal como da cidadanía. As bombas rurais, valoradas en 198.000 euros cada unha, están deseñadas para operar en zonas de difícil acceso e contan con cisternas de 3.000 litros, bombas de alta e baixa presión e carretes de primeiro socorro. Pola súa banda, as unidades urbanas, cun custo próximo aos 150.000 euros, están adaptadas para intervir en rúas estreitas e cascos históricos, e dispoñen de cisternas de máis de 1.100 litros e equipamento de extinción similar.
Os novos vehículos reforzarán o traballo dos GES que prestan servizo nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Ribas de Sil, na provincia de Lugo; en Laza, Castrelo de Val, A Gudiña, A Mezquita, Riós e Sarreaus, na de Ourense; e nos municipios da Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño, así como no Grove, Meaño, Poio e Sanxenxo, na provincia de Pontevedra.
Durante o acto, o conselleiro lembrou o investimento realizado pola Xunta en equipamento para GES e agrupacións de Protección Civil, que ascende aos 28 millóns de euros, dos que máis de 12 se destinaron directamente aos grupos supramunicipais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O GDR Ribeira Sacra‑Courel aproba en Sober a distribución de fondos da convocatoria Leader 26‑27‑28

Seguinte Nova

O Concello de Quiroga demanda actuacións urxentes na N-120

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss