Un derrube por chuvias intensas en Pantón corta a LU-P-4103

O incidente afectou ao quilómetro 12 da vía, que comunica Santo Estevo con Pantón. Habilitáronse desvíos alternativos e
os técnicos traballan para restablecer o tráfico habitual

O desprendemento, localizado no quilómetro 12, obrigou a interromper a circulación. (Foto GPDL.)

A Deputación de Lugo informou do corte da estrada provincial LU‑P‑4103 ao seu paso por Pantón debido ao derrube dunha ladeira tras as intensas chuvias dos últimos días. O desprendemento, localizado no quilómetro 12, obrigou a interromper a circulación mentres persoal técnico traballa na retirada da terra e na estabilización da zona. Como medida provisional ante a incidencia, habilitáronse itinerarios alternativos e seguros para os cidadáns da zona. Ademais, continúan pechadas outras vías provinciais afectadas por asolagamentos e danos en pontes. A institución provincial segue a manter unha monitorización constante, na procura da recuperación da normalidade de tráfico o antes posíbel.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Veciños de Pantón poderán usar o balneario con tarifas reducidas grazas a un novo acordo

Seguinte Nova

O teatro convértese en ferramenta contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss