Xaneiro deixa en Galicia case o dobre de choiva do habitual

MeteoGalicia atribúe o episodio á chegada continua de borrascas atlánticas e destaca que Joseph motivou o primeiro aviso vermello por precipitacións na comunidade. Foto EV.

Galicia rexistrou en xaneiro un nivel de choiva moi superior ao esperado para esta época do ano. Segundo o avance climatolóxico de MeteoGalicia, a precipitación media situouse en 290 litros por metro cadrado, un 98% por riba do valor habitual da serie 1961‑2026. Con estes rexistros, o mes sitúase como o oitavo xaneiro máis húmido desde que existen datos.
A situación estivo marcada pola entrada continua de borrascas atlánticas. Francis, Goretti, Ingrid e Joseph foron as que máis incidieron no territorio, chegando a provocar avisos vermellos en varios puntos de Galicia. No caso de Ingrid, os días 22 e 23, o nivel máximo de alerta activouse no mar, mentres que as intensas precipitacións asociadas a Joseph levaron a activar por primeira vez un aviso vermello por choiva acumulada, concretamente no interior da provincia de Pontevedra o día 26. As zonas con maior acumulación de auga situáronse nas serras litorais e especialmente no oeste e suroeste da Coruña, con valores entre 550 e 700 l/m². Pola contra, no leste de Ourense, en áreas de val, os rexistros quedaron por debaixo dos 100 l/m², reflectindo un comportamento desigual segundo a orografía.
No referente ás temperaturas, xaneiro mantívose dentro da normalidade. A media situouse en 8,3, tres décimas por riba da referencia climática, segundo datos de once estacións. MeteoGalicia conclúe que, a diferenza da choiva, o mes foi térmicamente normal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia reforza a capacidade de anticipación e adaptación a fenómenos extremos

Seguinte Nova

Luar na Lubre: corenta anos de escenarios e unha xira americana para celebralo

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss