A Xunta reforza o financiamento do SAF con 150 millóns ata 2028

O presidente do Goberno galego e o titular da Fegamp asinaron un acordo sobre financiamento deste recurso de atención á dependencia

Actualmente a Xunta financia o SAF con 12 euros por hora, que de forma inmediata pasarán a ser 16, en 2027 serán 17 e en 2028, 18 euros. Foto GPXG.

A Xunta e a Fegamp pecharon un acordo que permitirá incorporar 150 millóns de euros adicionais ao Servizo de Axuda no Fogar ata 2028. O presidente galego, Alfonso Rueda, salientou que «é unha cifra importante e oxalá poida ser maior. Se tamén cumpre a súa parte o Goberno central probablemente se podería cubrir todo o coste do SAF para que os concellos non tivesen que aportar nada”, lembrou que a que o Goberno central non está a achegar o 50% que lle corresponde na atención á dependencia.
O pacto eleva o financiamento por hora, que pasa de 12 a 16 euros e que aumentará ata 18 euros ao final do período. Segundo a Xunta, a cifra practicamente duplica a do ano 2021.
Rueda destacou que o consenso con municipios e Fegamp chegou tras meses de negociación e puxo en valor a cooperación institucional. Tamén lamentou que o recurso do Goberno central ante o Constitucional paralizase o plan de choque da dependencia, ao considerar que frea parte das melloras previstas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entrevista a Iván Olmedo

Seguinte Nova

Traballadoras do hospital de Monforte denuncian un aumento das agresións

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss