
O Concello de Monforte de Lemos vén de anunciar a celebración dunha nova edición da Carreira Popular, prevista para o domingo 26 de abril, paar a que xa está aberto o prazo de inscrición. O alcalde, José Tomé Roca, deu conta da aprobación do regulamento na Xunta de Goberno Local do 2 de febreiro e lembrou que se trata dunha cita atlética xa totalmente asentada no calendario deportivo local. “Estamos diante da edición número 16 deste evento deportivo que xa é unha tradición na nosa cidade”, afirmou.
A participación na carreira será gratuíta e as inscricións realizaranse a través da web municipal. A proba inclúe a carreira absoluta de 10 quilómetros, con percorrido urbano, e distintas carreiras para categorías inferiores segundo a idade. O prazo para anotarse pecharase o 21 de abril. Todas as probas terán saída e meta na Explanada da Compañía, no centro, xunto ao centro educativo.•



