

O alumnado de 1º e 2º da ESO gozou cun contacontos moi especial “Conte avec moi” foi o taller que o narrador camerunés Samuel Mountoumnjou levou ao IES A Pinguela, onde fixo vibrar ao alumnado de 1º e 2º da ESO con contos en francés cheos de ritmo e humor. A actividade combinou aprendizaxe e diversión, e os estudantes descubriron que practicar o idioma tamén pode ser unha festa.



