
O Concello de Bóveda anunciou que o Entroido se celebrará o 15 de febreiro na Praza da Filgueira, ou no Pavillón Municipal se o tempo non acompaña. A xornada incluirá un xantar a base de cocido para os adultos, cun precio de 10€, e o evento contará con música e colchonetas inchables para os máis pequenos, ademáis dun menú infantil con pizza incluida polo precio de 5€. As entradas xa están dispoñibles nos puntos habituais entre Bóveda e Rubián. O Goberno local anima a veciñanza a participar na festa e lembra que quen o desexe pode acudir disfrazado para contribuír ao ambiente festivo da celebración.•





