O Plan Leader impulsa novos proxectos empresariais no Polígono dos Acivros

A conselleira do Medio Rural destaca o seu papel na creación de emprego e no fortalecemento do tecido económico local

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo alcalde de Chantada, Manuel Varela, na súa visita ás instalacións de Efigalia Energy, no polígono industrial dos Acivros Foto GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou o polígono industrial dos Acivros, en Chantada, onde puxo en valor o impacto das axudas Leader no desenvolvemento económico e social do rural. Acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo alcalde chantadino, Manuel Varela, coñeceu de primeira man as instalacións da empresa Efigalia Energy, unha das iniciativas apoiadas por este programa europeo.
Durante a visita, Gómez subliñou que actuacións coma a realizada por Efigalia exemplifican o obxectivo das axudas Leader, orientadas a reforzar a competitividade das empresas do rural e a xerar novas oportunidades laborais. A firma contou cun apoio de 200.000 euros que permitiu construír unha nave destinada a oficinas, almacén e montaxe de instalacións vinculadas ás enerxías renovables, dotada dos espazos necesarios para a xestión integral da súa actividade.
No mesmo polígono industrial, outras iniciativas empresariais tamén se beneficiaron deste instrumento de financiamento. É o caso de Metal Carballedo, que recibiu máis de 100.000 euros para levantar unha nave dedicada á fabricación de mobiliario e carpintería metálica, ampliando así a súa capacidade produtiva e consolidando a súa presenza no mercado.
A conselleira lembrou que a nova convocatoria das axudas Leader foi publicada recentemente e poderá solicitarse ata o vindeiro 6 de abril. O programa conta cun orzamento de 28,7 millóns de euros ata o ano 2028, a maior dotación destinada ao desenvolvemento rural desde a creación desta liña de apoio. A distribución dos fondos en tres ano permitirá executar os proxectos cunha maior marxe temporal, tanto no caso de iniciativas produtivas xeradoras de emprego como noutras de carácter non produtivo que redunden no benestar da poboación rural.
A convocatoria incorpora o Bono activa rural, unha axuda directa dirixida á creación e posta en marcha de actividades non agrarias no rural, cunha subvención máxima de 18.000 euros por proxecto. Este instrumento busca facilitar o emprendemento e diversificar a economía local en concellos de menor tamaño.
María José Gómez referiuse tamén ao futuro da Política Agraria Común e á necesidade de garantir os dous piares fundamentais do seu financiamento: as axudas directas e os fondos destinados ao desenvolvemento rural, entre os que se inclúe o programa Leader. Segundo indicou, manter estes recursos resulta clave para seguir impulsando proxectos empresariais como os visitados en Chantada.
Na pasada convocatoria correspondente a 2025, o programa Leader permitiu apoiar máis de 340 proxectos en toda Galicia, cun orzamento de 12,6 millóns de euros. Estas iniciativas favoreceron a creación de 175 postos de traballo e contribuíron á consolidación doutros 755, mentres que 18 proxectos accederon ao Bono activa rural no conxunto do territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Segundo equipo de HADO en Monforte amplía a cobertura e reforza a atención a domicilio

Seguinte Nova

A Xunta e Asoporcel exploran novas medidas para conter o xabaril nas contornas gandeiras

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss