Segundo equipo de HADO en Monforte amplía a cobertura e reforza a atención a domicilio

O servizo incorpora un médico, tres enfermeiras e vehículo propio e esténdese a Chantada, Carballedo, Quiroga e Ribas de Sil.
Foto GPPP.

A posta en marcha dun segundo equipo de hospitalización a domicilio (HADO) no Hospital de Monforte permitiu ampliar o servizo aos concellos de Chantada, Carballedo, Quiroga e Ribas de Sil, ademais dos que xa estaban cubertos (Monforte, Bóveda, A Pobra do Brollón, Pantón, Sober e O Saviñao). Segundo salientaron as deputadas populares Katy Varela, Encarna Amigo e Raquel Arias, a ampliación supón un salto cuantitativo na actividade, con máis de 15.000 pacientes atendidos desde a implantación do modelo no distrito sanitario.
O novo equipo está integrado por un médico, tres enfermeiras e un vehículo propio, co obxectivo de garantir atención continuada, coordinada e de proximidade. “Trátase dun modelo que achega coidados de rango hospitalario no fogar, con garantías de calidade, seguridade e humanización”, subliñou Varela, quen enmarcou a medida no reforzo da asistencia na comarca.
A hospitalización a domicilio diríxese a patoloxía médica aguda, crónica agudizada ou avanzada, pacientes paliativos e persoas que, tras unha intervención cirúrxica, poden completar a recuperación na casa, evitando ingresos e estancias innecesarias. Para Amigo, nun territorio con poboación envellecida e elevada presenza de enfermidades crónicas, o HADO é “clave para mellorar a calidade de vida dos doentes e optimizar recursos sen perder capacidade resolutiva”.
Co reforzo, a poboación potencialmente atendida supera as 43.000 persoas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Traballadoras do hospital de Monforte denuncian un aumento das agresións

Seguinte Nova

O Plan Leader impulsa novos proxectos empresariais no Polígono dos Acivros

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss