
CIG-Saúde alertou dun incremento de agresións verbais e ameazas ao persoal do hospital de Monforte nas últimas semanas. A central sostén que as profesionais afectadas “se senten desprotexidas” e demanda que a Dirección adopte actuacións inmediatas para garantir un entorno asistencial seguro.
O sindicato insiste en que é responsabilidade da dirección do centro asegurar condicións adecuadas de traballo e atender as reclamacións das empregadas para evitar novas situacións de tensión. Reclaman escoita activa, revisión das quendas e unha análise das circunstancias nas que se producen estes incidentes.
Como resposta, CIG-Saúde levou a cabo unha concentración o pasado xoves na entrada principal do hospital, coa mensaxe Stop agresións, co obxectivo de visibilizar o problema e reclamar protección efectiva para o persoal.•





