A Xunta e Chantada estudan accións para o desenvolvemento rural

A conselleira María José Gómez mantivo unha xuntanza co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. Foto GPCC.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse onte en San Caetano co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, para revisar posibles actuacións destinadas a reforzar os camiños rurais e avanzar na prevención de incendios forestais no municipio. Durante o encontro, avaliouse a situación da rede viaria local e o impacto das intervencións previstas para os próximos meses.
O Concello conta cun apoio de máis de 96.000 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, destinado á ampliación e conservación de vías municipais co obxectivo de facilitar os desprazamentos e mellorar o día a día da veciñanza. A conselleira lembrou os programas dispoñibles para apoiar aos concellos na loita contra o lume, entre eles o sistema público de xestión da biomasa ou os convenios que permiten dispoñer de brigadas e motobombas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello anuncia a programación adicada ao 8M

Seguinte Nova

Pantón pecha o Entroido cun desfile de comparsas multitudinario

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss