Ano Oteriano: Galicia rende homenaxe a Ramón Otero Pedrayo no 2026

(FOTO FOP)

Xa se está a traballar para deseñar a programación do Ano Oteriano, que conmemora o cincuenta aniversario do pasamento e o centenario da publicación de Guía de Galicia. Así o destacou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos nun encontro que tivo lugar na Cidade da Cultura que contou coa presenza do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Durante a reunión, López Campos subliñou a implicación de trinta institucións, entre as que se atopan a Fundación Otero Pedrayo, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e as fundacións Vicente Risco, Rosalía e Castelao. “Tiñamos claro que o Ano Oteriano é un dos fitos deste 2026 e que a lembranza á figura e ao legado do Patriarca das Letras Galegas debía contar coa máxima implicación cultural e social”, explicou. A todas as entidades facilitouse un formulario para canalizar propostas e configurar unha programación conxunta.
O obxectivo é artellar unha programación ampla e transversal que poña en valor a figura de Otero Pedrayo e difunda o seu legado intelectual e literario. López Campos definiuno como “un dos piares do florecemento cultural e intelectual de Galicia, representante dunha xeración que soubo vincular o galeguismo coa cultura universal e co compromiso coa nosa terra”. Recordou tamén a súa participación no Grupo Nós e na Editorial Galaxia, así como a súa traxectoria como mestre, ensaísta, novelista, xeógrafo, político e membro das Irmandades da Fala, cunha contribución decisiva á Galicia moderna. O conselleiro subliñou que a celebración non se limitará ao recoñecemento institucional, senón que busca manter acesa a vixencia da súa obra e identidade cultural, combinando iniciativas educativas, literarias, históricas e divulgativas que permitan achegar a figura de Otero Pedrayo á sociedade galega contemporánea e ás novas xeracións.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das figuras centrais da literatura galega e da cultura da modernidade, coa súa obra influínte en múltiples disciplinas e un referente na historia do galeguismo e do pensamento democrático en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Aula UNED de Monforte impulsa o novo Programa Sénior dirixido a maiores de 55 anos

Seguinte Nova

Actívanse as expropiacións para completar a autovía Nadela–A Pobra de San Xiao

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss