As adegas da Ribeira Sacra, entre as principais beneficiarias das axudas que mobilizan 6,7 millóns

As axudas permitirán avanzar en investimentos estratéxicos, mellorar a competitividade das adegas e reforzar a presenza internacional dos viños da Ribeira Sacra

Estas axudas tamén buscan estimular a innovación, a incorporación de tecnoloxías dixitais e o incremento da dimensión empresarial, así como fomentar a presenza dos viticultores na cadea de valor. Foto GPXG.

O Diario Oficial de Galicia fixo públicas as resolucións da Consellería do Medio Rural relativas ás axudas destinadas á elaboración, comercialización e promoción exterior de produtos vitivinícolas correspondentes á convocatoria de 2025. En total, son 45 as entidades beneficiarias das dúas liñas, que mobilizan máis de 6,7 millóns de euros en apoios ao sector.
A partida máis ampla corresponde aos programas de elaboración e comercialización, que chegan a 27 adegas, maioritariamente situadas nas provincias de Ourense e Pontevedra. Esta liña achega máis de 5,4 millóns de euros para impulsar investimentos que superan os 18 millóns. O obxectivo, segundo a Consellería, é favorecer “a mellora do rendemento global das empresas e a súa adaptación ás demandas actuais”, ademais de reforzar a competitividade nun mercado cada vez máis esixente.
As actuacións subvencionadas inclúen medidas para avanzar na certificación ambiental, fomentar a produción ecolóxica e apoiar produtos vinculados a selos de calidade. Tamén se busca estimular a innovación, a incorporación de tecnoloxías dixitais e o incremento da dimensión empresarial, así como reforzar a presenza dos viticultores na cadea de valor.
No ámbito da promoción en terceiros países, a Xunta concede axudas a 18 entidades, cun importe global de 1,27 millóns de euros e un investimento asociado que supera os 2,5 millóns. Estes fondos pretenden difundir as características e calidade dos viños galegos fóra da UE, co fin de mellorar a súa posición competitiva.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Turismo de Galicia reforza a súa presenza exterior con cinco feiras internacionais en febreiro

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra incorpórase á marca Rutas do Viño de España como novo destino certificado

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss