O Bono Remuda ampara a continuidade empresarial tammén no concello de Bóveda

(Foto GPXG)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mantén aberto o prazo para solicitar o Bono Remuda, dirixido a garantir a continuidade de pequenos negocios ante a falta de relevo xeracional. A medida, incluída na orde unificada para persoas autónomas, busca apoiar actividades viables en concellos como Bóveda.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou onte un establecemento adherido á convocatoria de 2025 e destacou que estas axudas “reforzan o tecido comercial local”. Na provincia, o pasado ano beneficiouse un negocio en Bóveda, xunto con outros da cidade de Lugo e da Mariña.
O programa conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e inclúe unha liña específica para municipios de menos de 10.000 habitantes, que cobre ata o 75 % do contrato de relevo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Unidade Móbil da ITV para vehículos agrícolas volve a Brollón

Seguinte Nova

A N‑120 segue en estado crítico mentres a cidadanía agarda solucións

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss