
Atópase en trámite de información pública o proxecto de mellora de varios treitos do Camiño de Inverno ao seu paso por Quiroga, impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia. As actuacións inclúen unha variante entre O Soldón e Sequeiros, un tramo segregado xunto á LU‑933 ata a Ponte de San Clodio e unha senda continua desde a Ponte de Ferro cara a Espandariz, aproveitando camiños existentes. O plan, cun prazo de execución de dezaoito meses, busca incrementar a seguridade das persoas peregrinas. O DOG publicou o anuncio e ábrese agora un prazo de trinta días hábiles para presentar alegacións, así como solicitar a revisión de posibles bens afectados polo proxecto.•



