
O Centro de Información á Muller de Quiroga está a ultimar a programación prevista para o mes de marzo, centrada na conmemoración do Día Internacional da Muller. Entre as propostas destaca un círculo de benestar orientado ao autocoidado, no que se traballará a identificación das emocións e a creación de espazos seguros que axuden a priorizar o coidado persoal. A sesión será impartida pola educadora social Paula Santos e desenvolverase o 5 de marzo, entre as 18:30 e as 20:00 horas, con participación gratuíta para todas as asistentes interesadas.
A programación complétase coa Cea de Sororidade, un encontro que se celebra desde hai nove anos e que está aberto a todas as mulleres da comarca. A cita terá lugar o venres 6 de marzo, ás nove e media da noite, no restaurante Chapakuña. As entradas poden adquirirse ata o 5 de marzo na oficina do CIM, onde se ofrece tamén información sobre ambas actividades e sobre os servizos que o centro presta ao longo do ano.•



