Chantada conmemora o Día Internacional da Muller cunha diversidade de actividades educativas e de concienciación

O Concello de Chantada presenta as actividades do 8M, que se estenderán ao longo de marzo. A concelleira de Igualdade, Pamela Fernández, lerá o manifesto o domingo 8 ás 12.45 horas no palco central da Feira do Viño. A programación comeza hoxe co contacontos Somos iguais na maxia, na Biblioteca Municipal, unha proposta que aborda igualdade e prevención da violencia de xénero.
O venres 13 terá lugar na Casa da Cultura a presentación do IV Plan de Igualdade, que marcará as liñas municipais ata 2030. O sábado 28 proxectarase no Auditorio La mitad de Ana, centrada na identidade de xénero. Ademais, impartiranse obradoiros afectivo‑sexuais nos centros educativos. “Outro ano máis centrámonos no ámbito educativo”, indicou Fernández. En abril celebrarase o obradoiro Sementando autocoidado, dirixido a mulleres do rural.•



