
O Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, viviu a súa xornada máis esperada coa aparición do Oso, figura central dunha celebración que reúne cada ano a numerosos visitantes. Foi o Luns de Entroido cando a máscara emblemática percorreu a parroquia co seu séquito entre persecucións e tiznadas de feluxe. A xornada central abriu coa saída do Oso Pequeno e, ás 17.00 horas, co Oso. O ritual, que simboliza o espertar tras a hibernación e o inicio do ciclo agrícola, encheuse de chocas, música e carreira dos criados, mentres a personaxe —con peles e máscara de coiro— marcaba aos asistentes cunha pasta escura. Esta manifestación cultural con alto valor antropolóxico foi declarada Ben de Interese Cultural en 2018, e o seu atractivo combina identidade e diversión, xerando unha notable repercusión social e mediática arredor seu. A programación, organizada coa colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo, e son moitos os que acuden a esta festa plenamente arraigada no imaxinario colectivo e na memoria da comarca.•



