Os Trens Turísticos de Galicia inclúen á Ribeira Sacra entre os seus destinos destacados

A tempada 2026 do programa Trens Turísticos de Galicia inclúe unha oferta de 13 rutas temáticas por diferentes puntos do territorio e patrimonio galego, con saídas entre os meses de marzo e outubro. FotoGPRF.

A nova tempada dos Trenes Turísticos de Galicia, que arrincará o 7 de marzo coa Ruta das Camelias, volverá situar a Ribeira Sacra como un dos destinos estrela dun programa que combina patrimonio, natureza e viaxe en ferrocarril. A campaña inclúe 13 itinerarios temáticos promovidos por Renfe, Turismo de Galicia e o Inorde, entre eles as rutas polo Sil e polo Miño, que se desenvolverán entre xuño e setembro e son tradicionalmente das máis demandadas polos viaxeiros. A ruta do Sil ofrecerá saídas o 6 e o 27 de xuño, o 11 de xullo, o 1 e o 22 de agosto e o 12 de setembro, mentres que o percorrido polo Miño terá lugar o 13 de xuño e os días 5 e 26 de setembro, achegando aos visitantes a enclaves como Os Peares, Pantón ou as adegas que conforman a paisaxe vitivinícola da denominación de orixe. Nesta edición repítese tamén o itinerario Valdeorras–Ribeira Sacra, cunha saída o 4 de xullo e outra o 19 de setembro, que conecta ambas comarcas a través dos seus principais recursos enoturísticos. Os billetes para as primeiras saídas xa están dispoñibles e o resto das rutas incorporaranse de maneira progresiva. A organización recomenda anticipar a compra, tendo en conta que estas propostas adoitan acadar altos niveis de ocupación durante a tempada alta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Anda Heroica 2026

Seguinte Nova

Turismo de Galicia reforza a súa presenza exterior con cinco feiras internacionais en febreiro

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss