Tres alumnos do CPR Belarmino Fernández Iglesias entran no programa Erasmus+

A participación do alumnado no programa de mobilidades Erasmus+ reivindica a proxección internacional do CPR Belarmino Fernández Iglesias. Foto GPCPR.

Tres alumnos do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía do CPR Belarmino Fernández Iglesias comezan esta semana unha nova etapa formativa no estranxeiro ao abeiro do programa Erasmus+. As estadías, que se prolongarán ata mediados de maio, permitirán completar a súa formación en empresas hostaleiras de Italia e Portugal.
Dous dos estudantes desprazaranse á cidade italiana de Arezzo, un destino no que o centro mantén colaboración estable con varios establecementos. A directora e coordinadora Erasmus+, Rebeca Vázquez Iglesias, lembrou que “nos últimos anos o alumnado tivo alí experiencias moi positivas, tanto a nivel profesional como persoal”.
Como novidade, unha alumna realizará prácticas nun restaurante de Oporto, ampliando así as opcións internacionais dispoñibles para o ciclo. A participación nesta mobilidade supón un paso máis na aposta pola internacionalización da Formación Profesional que o centro desenvolve grazas á súa acreditación VET, vixente ata 2027.
O centro incide en que estas estancias permiten mellorar as competencias técnicas, fortalecer habilidades lingüísticas e coñecer outras culturas gastronómicas, favorecendo a inserción laboral futura do alumnado no mercado gastronómico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reunión en Santiago para impulsar novos proxectos e reforzar a colaboración co concello de Sober

Seguinte Nova

Os actores Edu Soto e Iván Massagué serán os pregoeiros da Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss