Última oportunidade para acceder ás axudas ao emprendemento da Xunta

Os apoios poden acadar ata 35.000 euros por proxecto e o prazo remata o 2 de marzo

Estas achegas permitirán ás persoas emprendedoras financiar equipamento informático, mobiliario, reformas e habilitación de locais, gastos notariais ou de alugueiro e a compra de activos pertencentes a establecementos existentes. Foto EV.

A convocatoria de axudas ao emprendemento impulsada pola Xunta de Galicia permanecerá aberta ata o vindeiro luns 2 de marzo e conta cun orzamento global de 6,7 millóns de euros. O obxectivo é apoiar a posta en marcha de ata 800 novas iniciativas empresariais constituídas na Comunidade desde o ano 2024, con especial atención ao arraigamento da actividade económica no territorio e á fixación de poboación.
As achegas, que poden chegar aos 35.000 euros por proxecto, inscríbense na Estratexia de emprendemento ligado ao territorio, orientada a favorecer o equilibrio territorial e a remuda xeracional. A convocatoria incorpora este ano novos criterios de valoración para reforzar o impacto local das iniciativas, tendo en conta o sector no que se desenvolven —con prioridade para o ámbito primario, forestal, a prevención de incendios e os servizos sociais— así como a localización en concellos emprendedores ou con menos de 20.000 habitantes, cunha ponderación progresiva a favor dos de menor poboación.
Poderán beneficiarse destes apoios persoas autónomas, pequenas e medianas empresas, cooperativas e sociedades laborais dadas de alta desde o 1 de xaneiro de 2024. As subvencións permitirán financiar investimentos en equipamento informático, mobiliario, melloras de eficiencia enerxética, reformas de locais ou adquisición de activos de negocios existentes, incluídos bens de segunda man.
A intensidade da axuda varía segundo o volume do investimento, cunha cobertura que oscila entre o 45 % e o 55 %, á que se suma un incremento do 10 % nos casos de remuda xeracional. Ademais, a convocatoria contempla contías adicionais para gastos notariais, rexistrais e de alugamento, polo que o importe final poderá situarse entre os 2.750 euros e preto de 35.000.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Historias en francés no IES A Pinguela

Seguinte Nova

Axudas para impulsar a igualdade e a conciliación nas empresas galegas

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss