A pavimentación dos paseos e a renovación do firme reforzará a accesibilidade e a comodidade do parque

O Concello de Monforte de Lemos acordou a adxudicación das obras de mellora do Parque Doctor López Suárez á empresa Calfensa Proyectos SL, por un importe de 60.353,11€, tras a aprobación na Xunta de Goberno Local do luns 23 de febreiro. O prazo de execución será dun mes desde a sinatura do acta de replanteo.
O proxecto contempla a pavimentación de 331 metros de paseos, cun ancho medio de 3,15 metros e unha superficie total de 1.043 m², utilizando formigón semipulido en cor terra, similar ao aplicado noutras zonas verdes da cidade. A intervención inclúe a apertura de caixa, retirada da solera existente en tres accesos e a colocación de dous tramos de bordo de formigón onde non había previamente, co obxectivo de garantir un tránsito seguro e evitar encharcadas.
O alcalde, José Tomé Roca, sinalou que “o estado actual dos paseos era deficiente nalgunhas zonas, polo que esta actuación mellorará o aspecto do parque e fará moito máis cómodo o uso deste espazo de lecer para veciños e visitantes”.
O Parque Doctor López Suárez conta tamén con zona infantil, circuíto biosaudábel e pista deportiva cuberta, polo que a mellora dos paseos contribúe á integración e comodidade de todos os usuarios.•



