Monforte será sede do I Campionato de Europa IPPA de Pitch & Putt

Foto GPCM

Monforte acollerá do 3 ao 5 de xullo o I Campionato de Europa IPPA de Pitch & Putt, unha competición que situará o campo de Ribas Altas no foco internacional desta modalidade. A presentación celebrouse no Concello, nun acto no que participaron o alcalde, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, e o xerente da entidade, Alberto Pérez Galán. O evento reunirá preto de 160 xogadores procedentes de diferentes países, ademais de árbitros, técnicos e acompañantes, polo que se prevé unha chegada total próxima ás 400 persoas.
Trátase dunha cita organizada baixo o paraugas da International Pitch and Putt Association (IPPA), entidade que regula e impulsa esta disciplina a nivel global. Desde o Concello salientouse que a elección de Monforte responde tanto á calidade das instalacións como á traxectoria recente do club, que nos últimos anos xa acollera probas estatais de gran relevancia, entre elas o Campionato de España de Federacións Autonómicas en 2025 e o Campionato de España Masculino en 2024.
O campo de Ribas Altas, con 18 hoyos Par 3 e unha distancia total próxima aos 1.200 metros, está considerado idóneo para o chamado “golf rápido”, modalidade na que os percorridos curtos permiten competicións máis dinámicas e intensas. Pérez Reñones destacou que “o ambiente é incrible” e agradeceu o apoio institucional, lembrando que o Concello achegará 4.000 euros, aproximadamente un terzo do orzamento total.
A chegada desta competición terá un impacto significativo na cidade e na comarca. A coincidencia do campionato co Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra ese mesmo fin de semana, permitirá reforzar a proxección turística do territorio. A previsión é que a ocupación hoteleira aumente de maneira notable e que sectores como a gastronomía, o comercio e o ocio se beneficien da chegada de visitantes internacionais.
O Concello agradeceu ao Club Río Cabe a labor de xestión ante as entidades federativas e desexou sorte aos xogadores locais que participarán na competición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Brillante actuación de Andrea Gudín en Pontevedra

Seguinte Nova

O Club A Gándara celebra un ouro e unha prata no galego sub16

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss