O alcalde recibe ao novo xefe do Destacamento de Tráfico de Monforte nun primeiro encontro institucional

Anxo Rodríguez, natural de Ourense, chega a Monforte tras desenvolver o seu labor na unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Ourense. Foto GPCM.

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, recibiu no Concello ao novo tenente xefe do Destacamento de Tráfico da Garda Civil en Monforte, Anxo Rodríguez Rodríguez, que tomou posesión do cargo recentemente. Na reunión, na que tamén participou a tenente de alcalde Gloria Prada, mantívose unha primeira toma de contacto para analizar a situación actual da seguridade viaria no municipio.
Durante o encontro, ambas partes coincidiron na importancia de reforzar a colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil co obxectivo de mellorar a prevención e a resposta ante posibles incidencias no tráfico. O rexedor sinalou que “é fundamental traballar de xeito coordinado para que Monforte continúe a ser un concello tranquilo en materia de seguridade viaria”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adxudicadas as obras de mellora do Parque Doctor López Suárez en Monforte

Seguinte Nova

Brillante actuación de Andrea Gudín en Pontevedra

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss