A Casa da Cultura Olga Novo acolleu a presentación da última novela de Fernando Hernández

O escritor monfortino explicou ao público como a criminoloxía e a memoria histórica se entrelazan na súa terceira novela Conmigo muere tu secreto

O escritor monfortino compartiu co público detalles de Conmigo muere tu secreto nun acto celebrado na Casa da Cultura Olga Novo. Foto GPCPB.

O Concello da Pobra do Brollón celebrou o venres 6 de marzo unha das citas destacadas da súa programación cultural coa presentación da novela Conmigo muere tu secreto, do autor monfortino Fernando Hernández González. O encontro tivo lugar na Casa da Cultura Olga Novo e reuniu veciños interesados en coñecer o proceso creativo dunha obra que supuxo o terceiro título publicado polo escritor. Durante a sesión, Hernández explicou como xurdiran as ideas principais da historia e comentou que a súa formación en Criminoloxía influíra de maneira directa na construción da trama. O Concello anunciou que un exemplar da novela quedaría dispoñible para préstamo na Biblioteca municipal.
A obra relata a confesión dun home ancián que, desde unha residencia durante a pandemia, decidía revelar feitos que permaneceran ocultos durante décadas. A narración situáse en dous escenarios diferenciados: O Barco na década dos cincuenta, onde se produciran os acontecementos iniciais, e Monforte en 1991, momento no que o protagonista retomaba aqueles recordos para darlles sentido. O autor explicou que buscara combinar memoria, intriga e reflexión persoal para construír unha historia marcada polo peso do pasado.
Hernández compaxina a súa traxectoria literaria co seu labor como policía local. O Concello valorou positivamente a participación do público e destacou a importancia de ter unha programación cultural estable e de calidade ao longo do ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ONCE dedica un cupón á olería de Gundivós

Seguinte Nova

Un mozo de Bóveda destaca na elite galega da colombicultura

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss