A Deputación mellora máis de oito quilómetros de estradas provinciais en Chantada

Os traballos, cun investimento superior aos 300.000 euros, afectan a seis vías da rede provincial no municipio

FEVISA VIAS Y OBRAS, S.L. foi a empresa que executou os traballos de acondicionamento en varios tramos da LU-P-1002, da LU-P-1802, da LU-P-1803, da LU-P-1805,da LU-P-1806 e da LU-P-1818. Foto GPDL.

A Deputación de Lugo completou recentemente diferentes actuacións de acondicionamento en varios tramos de estradas da súa titularidade ao seu paso polo concello de Chantada, cun investimento global que supera os 300.000 euros. As intervencións abrangueron seis vías da rede provincial co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria nestes itinerarios.
Entre as actuacións máis destacadas figura a mellora de máis de oito quilómetros da estrada LU-P-1002, que comunica A Barrela coa Tilleira. Os traballos realizáronse no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 6 e 14, na contorna de Esmoriz. Ademais, executouse a renovación do firme en toda a LU-P-1802, que enlaza a capital municipal co encoro de Belesar, unha vía utilizada habitualmente polos veciños e polos vehículos que se desprazan cara a esta zona da Ribeira Sacra.
As actuacións tamén incluíron medio quilómetro da LU-P-1803, ao seu paso pola parroquia de Vilaúxe. Do mesmo xeito, acometeuse a mellora integral da LU-P-1805, así como dos tres últimos quilómetros da LU-P-1806. O proxecto completouse cunha intervención inicial de 100 metros na LU-P-1818, que conecta coa estrada nacional á altura da parroquia de Pereira.
Os traballos executados consistiron fundamentalmente na reapertura e limpeza de cunetas, na reparación de deterioros detectados no firme e na posterior repavimentación das vías. Estas tarefas permitiron renovar a capa de rodaxe e mellorar a drenaxe da auga, dous aspectos considerados clave para manter en bo estado as estradas e garantir a seguridade do tráfico.
O prazo de execución das obras foi de tres meses. Con esta actuación, a institución provincial continúa desenvolvendo o seu programa de conservación e mellora da rede viaria, que supera os 4.000 quilómetros, a máis extensa do Estado. A intervención en Chantada forma parte das actuacións periódicas destinadas a manter en condicións adecuadas as estradas que conectan parroquias e núcleos rurais, facilitando a mobilidade diaria da veciñanza e o acceso aos servizos e ás explotacións agrícolas e gandeiras do concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Feira do Viño de Chantada reúne milleiros de visitantes no día do pregón

Seguinte Nova

Avanzan as obras de rehabilitación do firme na N-120 ao seu paso por Quiroga

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss