
A Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello de Sober anunciaron a celebración do V Concurso de Cata por Parellas, unha das propostas incluídas no Mes do Amandi. A actividade desenvolverase o 24 de marzo no salón de actos da Casa da Cultura e reunirá estudantes, afeccionados e profesionais interesados en coñecer con maior profundidade os viños da Ribeira Sacra. A organización destaca que o certame pretende “ofrecer novas sensacións ao catar diferentes tipos de viños e achegar as variedades propias da denominación”.
A xornada abrirase ás 10:30 coa presentación oficial, á que seguirá un túnel do viño previsto entre as 11:00 e as 12:00. O concurso comezará ás 12:30 e, unha vez rematado, os asistentes trasladaranse á Escola Belarmino Fernández Iglesias para participar nun aperitivo elaborado polo alumnado dos ciclos de Cociña e Servizos, que aproveitará a ocasión para poñer en práctica os seus coñecementos.
A participación está aberta a maiores de idade, tanto profesionais como afeccionados do mundo do viño. As inscricións non tiveron custo para os interesados, que poderán competir en parellas e descubrir os sabores representativas da zona.•





