
O Concello de Sober acolleu a presentación do cupón da ONCE dedicado á olería tradicional de Gundivós, do que se distribuirán cinco millóns de exemplares. No acto participaron o alcalde, responsables autonómicos e o artesán Elías González, que destacou a relevancia desta tradición local.





