A Vuelta Feminina 2026 dá protagonismo ao sur de Lugo coa etapa Monforte–Antas de Ulla

Foto LVF

A cuarta edición da Vuelta Feminina by Carrefour.es situará este ano o sur de Lugo no mapa deportivo internacional cunha das etapas máis destacadas do trazado: a que unirá Monforte de Lemos e Antas de Ulla e que levará o pelotón a percorrer Sarria, Láncara, Páramo, Portomarín, Ventas de Narón, Taboada e Monterroso. A presentación oficial celebrouse no Auditorio Municipal de Ribeira e confirmou que a carreira, do 3 ao 9 de maio, reunirá ciclistas de primeiro nivel como Pauline Ferrand‑Prévot, Marianne Vos, Lotte Kopecky, Marlen Reusser e as españolas Mavi García e Paula Blasi.
A saída da cuarta etapa terá lugar o mércores 6 de maio na Praza da Compañía de Monforte, desde onde o pelotón avanzará polo centro urbano antes de encarar o percorrido cara Sarria, un dos puntos máis recoñecidos da comarca. O alcalde, José Tomé, participou no acto oficial e destacou a capacidade da proba para “proxectar ao exterior o patrimonio histórico, artístico e natural de Monforte” e reforzar o atractivo turístico e económico da cidade. Segundo avanzou a organización, será unha etapa esixente, con tramos de media montaña e un final en ascenso en Antas de Ulla.
A presenza da carreira en Sarria terá especial relevancia pola súa condición de punto de partida máis habitual para os peregrinos do Camiño Francés, o que permitirá mostrar unha das zonas máis coñecidas e transitadas da provincia. O paso das ciclistas polo casco urbano e polas estradas da contorna achegará unha imaxe singular da vila, nunha xornada que combina o deporte de elite coa proxección dun territorio vencellado ao turismo, á paisaxe e ao patrimonio cultural.
A Vuelta Feminina contará cunha ampla cobertura informativa, con emisión en directo de RTVE para España e Eurosport para o resto de Europa. A organización estima a presenza de xornalistas especializados de ata nove nacionalidades, o que situará novamente a comarca no foco mediático. Segundo lembrou o alcalde, a edición anterior acreditara máis de cen profesionais de medios escritos, radiofónicos e televisivos, cifras que previsiblemente se repetirán.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Sarriana mantén vivas as opcións de permanencia

Seguinte Nova

O 8M en Monforte queda marcado pola crise institucional arredor de José Tomé Roca

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss