Monforte de Lemos acolleu a presentación da XVIII edición do “Estase Cocendo”

O certame gastroturístico celébrase a lo largo de máis de sesenta establecementos da Ribeira Sacra, cunha oferta de tapas e menús a base de cocido, o prato estrela desta iniciativa

O evento rende homenaxe este ano aos profesionais dos servizos de extinción e a todas as persoas que defenderon montes e propiedades durante a vaga de incendios que afectou ao sur lucense o pasado verán. Foto GPCML

A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, participou na presentación da XVIII edición do certame gastroturístico “Estase Cocendo”, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo coa colaboración do Concello. O acto tivo lugar no Centro do Viño e reuniu representantes institucionais, profesionais da hostalaría e persoas vinculadas á loita contra os incendios forestais.
Durante a súa intervención, Prada felicitou á APEHL pola continuidade dunha iniciativa que, segundo afirmou, “supón un verdadeiro impulso económico para Monforte e para a Ribeira Sacra”. A responsable municipal destacou que o Concello mantén o seu apoio ao certame porque contribúe a dinamizar a actividade hostaleira e reforzar a proxección turística da comarca. Tamén agradeceu o traballo dos establecementos participantes, que cada ano amosan “profesionalidade e creatividade” na elaboración do prato protagonista, o cocido.
A presentación incluíu unha homenaxe aos equipos de extinción de incendios e ás persoas que colaboraron na defensa das aldeas afectadas polos lumes do pasado verán. Prada sumouse ao recoñecemento e expresou a súa gratitude “polo esforzo, a valentía e o compromiso” de quen traballou para protexer a veciñanza e o patrimonio natural.
O “Estase Cocendo” desenvolverase durante as fins de semana ata o 22 de marzo en máis de sesenta locais da Ribeira Sacra. Monforte acollerá o día 21 o “Cocido das Meigas”, con actividades gastronómicas, obradoiros, música e a tradicional Noite Meiga na Praza de Abastos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra continúa o proceso para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Monforte acolle as XXII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss