A concentración pediu frear os traballos e abrir un diálogo sobre o futuro deste espazo verde

Uns dosucentos veciños concentráronse o pasado domingo no parque dos Condes para mostrar o seu rexeitamento á nova fonte ornamental que o Concello prevé construír neste espazo. A mobilización, presentada como unha convocatoria veciñal aberta e pacífica, xuntou tamén representantes da oposición, que reclamaron revisar a intervención. Durante o acto leuse un manifesto no que se pediu paralizar as obras e estudar alternativas posibles.
Os asistentes manifestaron preocupación polo impacto da actuación, que implica o traslado de catro árbores de gran porte e a remodelación dunha superficie central do parque, frecuentada pola veciñanza, especialmente no verán. O busto do cardeal Rodrigo de Castro tamén será trasladado á rotonda da Zona D. A obra, adxudicada á empresa Misturas por 636.334 euros, contempla a instalación dunha fonte circular de 25 metros de diámetro e unha reordenación integral da contorna.
Os colectivos contrarios ao proxecto consideran que a proposta altera en exceso un dos poucos espazos verdes céntricos e solicitan diálogo para compatibilizar a actuación cos usos do parque. A protesta, que durou arredor dunha hora, desenvolveuse sen incidencias na área valada onde xa se preparan os traballos.•





