
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou Sarria para supervisar a rehabilitación da ponte da Áspera, unha obra de 50.000 euros con limpeza e saneo de paramentos, reconstrución do firme e mellora do drenaxe, ademais de actuacións no contorno. Na visita subliñouse que a intervención se integra no mantemento do Camiño Francés.
A Xunta lembrou que Sarria é un enclave esencial: en 2025, o 68% das 242.183 persoas que elixiron o Camiño Francés partiron da vila. Entre 2015 e 2025 mobilizáronse arredor de 700.000 euros neste treito, máis de 70.000 no último ano, para garantir seguridade e conservar o patrimonio.
Merelles pechou no albergue público Casa Forte de Lusío (Samos) unha sesión de coordinación do programa Ultreia Sudoe, no que participan concellos e entidades da contorna. O proxecto, con 1,4 millóns para 2024‑2026, impulsa accións conxuntas de xestión, sostibilidade e accesibilidade no Camiño Francés.
Entre as medidas, unha base de datos territorial, sensores de contaxe en Sarria e Triacastela e o punto Parada no Camiño en Pedrafita do Cebreiro. O plan inclúe análises de accesibilidade en O Cebreiro, Samos e Triacastela e con accións de apoio á economía local para mellorar a experiencia do peregrino.•





